logo

Alexandro González

 

Alexandro González comeza a curta idade a súa carreira musical, estudando solfeo e piano clásico no conservatorio Adagio en Monforte de Lemos. Xa con máis idade, continúa os seus estudos musicais, desta volta orientados cara ao jazz e á composición, primeiro na Aula Municipal de Jazz da Coruña e, con posterioridade, en Estudio Escola en Santiago de Compostela.
A súa actividade profesional diríxese tanto á docencia coma á composición e produción de discos, bandas sonoras, músicas para anuncios ou teatro. No referente á docencia, impartiu clase de piano e música e movemento na Escola Municipal de Música da Pobra do Brollón entre 2014 e 2018. Como compositor conta cun importante número de traballos entre os que sobresaen bandas sonoras de documentais como “Regreso á orixe” ou “Auga. O sangue da terra”;
música para as campañas publicitarias de “Deleite”, “Down España” e “Zara”; a composición do espazo sonoro da obra de teatro “Mundo Lois”, dirixida por Antón Reixa; ou a participación como compositor, produtor, arranxista ou intérprete en discos de bandas e solistas como Los Árboles, Pardo, Espiño, Los Chavales, Sensacional, Capitán Sonoro, Batusi e Meu.

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal