logo

María José Pámpano

 

 Realiza os seus estudos de violin no Conservatório Superior de Música de Vigo e completa a súa formación na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia co professor Nikolay Velikov. Interesada na interpretación histórica da música, comeza os seus estudos de violino barroco xunto á prestixiosa violinista Amandine Beyer na Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo do Porto onde posteriormente remata o seu Mestrado en Interpretación Histórica ca presentación da súa tese “A técnica chin-off na interpretación do violino nos s. XVII e XVIII”. Realiza diversos cursos de especialización e participa nas master-class de violinistas como Mira Glodeannu, Enrico Gatti, Pedro Gandía, Ángel Sampedro, Lucy van Dael, Peter Spissky ou Manfredo Kramer e forma parte e colabora con diversas agrupacións especializadas no repertório barroco como a Orquestra Barroca da Universidade de Salamanca, Orquestra Barroca do Real Conservatório de Bruxelas, Orquestra Barroca do Conservatório de Amsterdão ou Orquestra Barroca do Conservatório de Malmo, actuando con recoñecidos mestres como Win ten Haven, Andrea Marcón, Jagues Ogg, Sigiswald Kuijken ou Lucy Van Dael entre outros. Bem como violinista ou como violista ten participado ca Orquestra Barroca de Venecia, Orquestra Barroca da Casa da Música do Porto, Orquestra Barroca Norte do Sul, o grupo Ars Combinatoria ou co recoñecido emsemble Gli Incogniti. A súa inquietude musical abrangue desde a investigación sobre o repertorio medieval, participando como fidulista cos grupos Amar contra o silêncio, Capela Compostelana ou o gupo 1500, ata o repertório mais contemporáneo e experimental xunto a Orquestra de Música Espontánea de Galicia ou co cuarteto de cordas de libre improvisación Suelen Estar Quartet. Entre as grabacións discográficas mais recentes nas que participa destacan os discos: Concerti Grossi op.6 de A. Corelli co ensemble Gli Incogniti ou a súa participación xunto a um recoñecido elenco de artistas galegos no disco Miniaturas de Eugenio Granell, Música Revelada que recebe o premio Especial do certame Cubadisco 2013.

 

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal