logo

Pablo Seoane

 

Nace en Ferrol en 1968. Pianista e compositor en distintas formacións xeralmente vencelladas ao jazz e a improvisación libre como "Pablo Seoane Trio", "Lupercal" (dúo co batería LAR Legido), "Tripo" ou "Machín not workin´properly", formación de composición aberta que, como quinteto, participou no 2014 na xornada de clausura do festival de jazz 1906. Ten composto música para teatro, levado a cabo tarefas docentes en diversas institucións e actuado en clubes e festivais dentro e fóra da Galiza.

Entre as súas últimas actividades figuran a xestión das jams-sessions semanais de improvisación libre no Café El Puente en Compostela e a codirección duns multidisciplinares "Encontros de Filosofía e Música. Pensar a voces" que se celebraron en Cee no outono do 2012. Tras Falou (2006), Sar 40 (2010) ou La Bambola Malata (ópera free de peto, 2011), o seu último traballo discográfico (co Pablo Seoane Trío), Inópia, publicouse este ano 2014, ano en que tamén presentou, dentro das Xornadas de Música Contemporánea de Compostela, a obra Festas do Erro.

Pablo Seoane

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal