logo

Sabela Dacal

 

Profesora de piano, titulada no Conservatorio Superior de Música de Santiago de Compostela, 2005. A súa afinidade coa música ábrese aos 6 anos cando comeza a tocar o acordeón (piano ou cromático de teclas). Uns anos máis tarde comeza a estudar piano no Conservatorio de Música de Ourense, finalizando a titulación en Santiago de Compostela. Trasládase a Francia para cursar “Fin d’Études”, “Supérieur” e “Perfectionnement” na Escola Nacional de Música de Bayonne, baixo a tutela de Mme, Françoise Doué (piano) e Michel Dennis (Música de Cámara). De volta a Galicia segue perfeccionándose, facendo cursos de piano, acordeón e de pedagoxía musical. Dende o ano 2002 traballa en diferentes centros de música (conservatorios municipais, colexios ou escolas de música), colabora en diferentes traballos discográficos como pianista e acordeonista (Kérkennai, anxoblastrío, Magritte, Factoría de Subsistencia) e colabora como música para obras de teatro (con Sarabela Teatro e Teatro de Adro). Na actualidade forma parte dos grupos Xestreu, Factoría de Subsistencia e Emilio Rúa.

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal