logo

Eva Pato

 

Estudou a carreira co acordeón de tecla aínda que leva anos tocando
o acordeón de botón, formándose en diferentes conservatorios: A
Coruña, Ferrol, Pontevedra, Barcelona... Imparte clases nos sistemas de
acordeón oficiais: sistema piano e botón, así como estándar e basseti.

Asistiu a cursos de perfeccionamento da técnica cos acordeonistas:
Oleg Sharov, Ángel Huidobro, Jacques Mornet ou Victor Prieto e
tamén se interesou noutras materias como a "Reeducación postural"
asistindo a varios cursos de Técnica Alexander con Donald Kirkley,
Anne Landa ou Gabriel Evens.
Tamén realizou cursos de Harmonía Moderna, Educación Auditiva e
Educación Rítmica con Suso Atanes e Leo Pimentel respectivamente;
Educación da Voz con Ana Pazos, Leo Gianneto e Mario Cabuche na
actualidade; Creación musical con ProTools con Anxo Bautista e Iván
Salgado, así como Intelixencia Emocional con Mar Romera.

Como intérprete, entre outros, foi compoñente do grupo "Ménades"
co que obtivo varios premios ademais de participar nas gravacións de
"Artistas en Ruta 2000" e "Nordés II" realizando concertos pola
península. Fundou un grupo de mestizaxe, no que o nexo era o rock,
con incursións no blues, reagge, ska, funk, etc. participando en
diversos festiváis e eventos na comunidade galega.
Foi compoñente do quinteto de cámara "Fancelli" e a "Orquestra de
acordeóns de Sta Icía" Colaborou na primeira gravación do grupo de
pop-rock "La General". Sempre que lle é posible gústalle acompañar a
Mos (Carlos Mosquera), cantautor e actor ferrolán.

Nos últimos anos está centrada na docencia impartindo clases tanto a
nenos e nenas como a persoas adultas de Linguaxe Musical,
Agrupacións diversas, Música e Movemento... ademais de acordeón.
Exerceu durante anos as labores de Xefatura de Estudos na escola
Municipal de Rois.

 

 

 

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

 Aviso Legal