logo

Manuel García

 

Manuel García nace en A Estrada, Pontevedra, en 1996. Comeza o seu contacto coa música e o violín aos 4 anos. Con oito ingresa no CMUS A Estrada e ós 14 anos comeza a estudar en ACOME co saxofonista Carlos Barruso, entrando en contacto coa música moderna e a improvisación.

Tras rematar o bacharelato de artes musicais cursa dous anos en Escola Estudio, onde toma contacto con máis músicos e comeza a asistir a jam sessions, ademáis, complementa a súa formación con proxectos de música moderna e tradicional. No ano 2015 Participa no San Simón Fiddle impartindo un obradoiro de blues e inciación á
improvisación e un concerto con Adrián Costa.

No mesmo ano viaxa a Buenos Aires, onde vive con Marcelo Torres, baixista de músicos como Lito Vitale ou Spinetta. Alí colabora en un concerto con Marcelo Torres e coñece a músicos como Daniel Pipi Piazzola ou Pablo Laporta. Posteriormente asiste a cursos e masterclasses tanto en Galicia como en Madrid, con músicos como Jeffrey Davis, Wallace Roney ou Jason Anick.

No ano 2016 accede ao Grao Superior de Jazz e Música Moderna con Violín na Escuela Creativa de Madrid, onde estuda con Maureen Choi, Joaquín Chacón ou Ernesto Larcher entre outros. Na cidade de Madrid forma unha agrupación de bluegrass chamada Kinfolks, que saca adiante un album e unha colaboración con Club del Río no seu disco
Club. Á súa volta a Galicia toca en varias ocasións con Tanxugueiras na xira do seu primeiro album.

Actualmente cursa o Grao Superior de Pedagoxía xeral da Linguaxe Musical no Conservatorio Superior de Valga, buscando completar a súa formación debido ao seu grande interese na pedagoxía e a ensinanza da música, ademáis de levar a cabo un proxecto de reactivación do rural en A Estrada, onde nenos da contorna inician o seu contacto no canto e a música tradicional.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal