logo

Pablo Reyes

 

Introdúcese na música á idade de 4 anos na escola santiaguesa Estudio Escola de Música, onde remata o seu Diploma Profesional en 2005. Segue formándose durante cinco anos con Abe Rábade e Paco Charlín no Seminario de Jazz de Pontevedra e finalmente licénciase en música pola rama de jazz/piano na Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo do Porto no ano 2012, convalidando este título parcialmente en España e rematando o Grao Superior en Música no Conservatorio Superior de Música da Coruña en 2021.

 

Participa en grupos maiormente de jazz e fusión como The Triadic Model, Cuatro y Cuarto Quartet ou Mars Attacks, aínda que o groso da súa actividade profesional está orientada á docencia. Impartiu clases de piano, linguaxe musical e combos en Escola das Artes (Brión, 2006/7), Drops (Santiago, 2013/5) e nas escolas municipais de música de Oroso (Sigüeiro, 2014/20) e Ordes (2018/20).

 

 

Musikartis Escola de Música | Av Maía #20, Bertamiráns - Ames - 15220 | Teléfono (+34) 648611638

Email: info@musikartisescola.com

Aviso Legal